Cirurxía refractivaen Santiago de Compostela

Miopía/ Astigmatismo/ Hipermetropía

Hoxe en día, a cirurxía coñecida como cirurxía refractiva, utilizada para evitar ou minimizar o uso de anteollos ou lentes de contacto, é unha das cirurxías máis practicadas a nivel mundial e con maior grao de satisfacción por parte dos pacientes.

En xeral, son técnicas pouco invasivas, de rápida recuperación e cun alto grao de predición. As técnicas hoxe en día máis utilizadas son o LASIK, PRK, SMILE e as lentes fáquicas intraoculares ( ICL/ IPCL).

Para realizar calquera destas técnicas é recomendable a estabilidade refractiva (que non variase a gradación nos últimos tempos) e un exame oftalmolóxico integral para valorar se se é apto ou non para a cirurxía e cal técnica é a máis indicada.

En xeral, as miopías baixas ou de media gradación son as que teñen mellores resultados despois de cirurxía co láser. Os miopes con alta gradación ou córneas moi delgadas terán un mellor resultado con técnicas intraoculares (ICL). En caso de hipermetropías deberá analizarse cada caso en particular xa que os resultados non adoitan ser tan gratificantes. Unha pregunta moi común é se o astigmatismo se corrixe co láser, sendo esta patoloxía unha das gradacións que mellor se pode corrixir co láser.

LASIK

Utiliza o láser Excimer para modificar a forma da córnea e cambiar a gradación do paciente.

Realiza un “unha talla” da córnea previa formación dun lentículo que servirá para protección do lugar onde se aplica o láser e facilitará así a rápida recuperación. A cirurxía realízase con pingas de anestesia e ao día seguinte o paciente pode desenvolver a súa vida con case total normalidade. A técnica LASIK é de gran precisión, eficacia e seguridade, cun alto nivel de satisfacción post operatoria. Actualmente é a técnica “gold standard” da cirurxía refractiva con láser, sendo ademáis a máis contrastada e coa que maior experiencia se ten a nivel mundial.

O Dr. Coloma ten ampla experiencia neste tipo de cirurxía, baseando a súa formación no Instituto Barraquer de América, baixo a tutela do profesor José Ignacio Barraquer Moner, inventor da queratomileusis, técnica base para o desenvolvemento do LASIK.

Unha valoración preoperatoria integral é necesaria en todos os pacientes xa que nalgúns casos a sequidade ocular pode representar unha molestia postoperatoria desta técnica. No pasado, algúns pacientes manifestaban problemas de reflexos nocturnos pero, estes problemas, cos láseres actuais e coa aparición de técnicas complementarias, practicamente, desapareceron. Os resultados da cirurxía LASIK son permanentes e, se non hai unha progresión natural da miopía, os pacientes quedan sen necesidade de anteollos ata a idade da presbicia.

PRK

É unha técnica alternativa ao LASIK. Utilízase o mesmo láser e o mesmo principio de esculpir a córnea pero sen levantar ningún lentículo polo que a ablación do láser excimer realízase directamente na superficie da córnea.

Ten a vantaxe sobre o LASIK que, proporcionalmente, require dun menor grosor da córnea para realizar a cirurxía e que diminúe a posibilidade de presentar sequidade ocular despois da cirurxía. Indicarase en casos en que o exame oftalmolóxico así o precise xa que a recuperación, anatómica e visual é máis tardía que co LASIK necesitando, moitas veces, de máis dunha semana para a recuperación funcional da visión e para realizar as súas actividades habituais.

A PRK é tamén unha cirurxía de gran predición, eficacia e seguridade, cun alto nivel de satisfacción postoperatoria.

ICL

As lentes intraoculares fáquicas ou ICL, deron resposta máis que satisfactoria aos pacientes que por altas gradacións ou por sequidade ocular ou córneas moi delgadas, non eran candidatos para cirurxía con láser excimer.

O implante de ICL realízase tamén con anestesia tópica (pingas) e a súa duración é de minutos, cunha recuperación despois da cirurxía case inmediata.

A lente ICL pasou a proba do tempo, e hoxe en día, é unha das cirurxías mellor valoradas polos pacientes. No pasado relacionouse con posible formación de cataratas ou glaucoma pero, cos novos modelos e a mellora da técnica, demostrouse, que colocadas no lugar correcto, poden permanecer por anos sen afectar as estruturas oculares.

Esta cirurxía de implante de lente intraocular nada ten que ver coas lentes intraoculares que se implantan nos pacientes con cataratas.

As lentes ICL teñen moitas vantaxes; proporcionan unha calidade visual moi satisfactoria, respectan a superficie ocular, corrixen ametropías moi elevadas, é unha técnica reversible, compatible con outras cirurxías oculares e posúen gran precisión, eficacia e seguridade. Nalgúns casos de baixas miopías é tamén posible a súa indicación se o paciente así o prefire.

Presbicia

A cirurxía da presbicia, hoxe en día,  é unha das cirurxías máis demandadas e representa un dos maiores avances en cirurxía dos últimos tempos.

A “vista cansa” (nome común da presbicia) prodúcese polo envellecemento da lente cristalina que temos todos dentro do ollo. E dalgun xeito “o primeiro envellecemento do cristalino antes da aparición de cataratas”.

En moitos pacientes aparece case de maneira repentina e ten rápida progresión. Na presbicia, os pacientes hipermétropes baixos, son os que notan a afectación máis cedo e tamén son os que se benefician mellor da cirurxía.

Cada caso debe estudarse a fondo pero, polo xeral, a cirurxía realízase a partir dos 50 anos xa que consiste en retirar a lente cristalina xa envellecida do ollo e substituíla por unha lente intraocular multifocal, lentes que hoxe en día chamamos lente premium. É similar á cirurxía de catarata pero neste caso, ao non estar a lente cristalina opaca, non se pode falar de catarata.

A cirurxía de presbicia é permanente, é dicir, para sempre. Ademáis ao eliminar o cristalino, non van aparecer as cataratas, polo que non haberá que operar o ollo nun futuro e, ao ser a lente Premium unha lente artificial, non vai envellecer nin a aumentar a presbicia co paso do tempo.

É unha cirurxía indolora, rápida, de fácil recuperación e que rehabilita a visión próxima e, segundo cada paciente, mellora tamén a visión de lonxe. É importante un exame oftalmolóxico integral xa que non todos os pacientes son candidatos a este tipo de cirurxías; en especial os pacientes con outras enfermidades oculares. Igualmente as lentes intraoculares premium ao usar a refracción ou difracción da luz para mellorar a visión próxima, causan certo grao de halos e reflexos en visión nocturna (o que coñecemos como disfotopsias) e tamén certa penalización na visión de lonxe , segundo cada paciente.

A satisfacción, precisión, eficacia e seguridade desta cirurxía son moi altas pero é importante consultar e comprender debidamente os beneficios e as contraindicacións ou efectos secundarios da cirurxía.

Pedir cita
Galego