Beflaroplástia
A cirurxía de blefaroplastia é a cirurxía das pálpebras máis realizada a nivel mundial. Cos anos, a pel da pálpebra superior vai perdendo a súa firmeza e ao volverse máis laxa cae sobre a pálpebra superior e mesmo sobre as pestanas, causando non só un aspecto de envellecemento senón tamén unha limitación da visión do campo visual superior.
Este problema pode ser causado, ademáis de pola idade, por enfermidades como a blefarocalasis, alerxias crónicas, enfermidades do coláxeno e tamén algún tumor ou unha enfermidade da tiroide que poden simular a dermatocalasia ou pel sobrante. Por iso é moi importante consultar ao oculista cando se ten este problema.
O Dr. Coloma ten ampla experiencia neste tipo de cirurxías sendo un referente para a solución deste problema. A blefaroplastia realízase de xeito ambulatorio, aplicando anestesia local controlada con sedación para para unha mínima incomodidade do paciente. A recuperación é rápida cun postoperatorio moi suave. O resultado final é un alivio da sintomatoloxía cun rexuvenecemento da mirada. No postoperatorio poden ser visibles cambios de coloración, pequenos hematomas e inflamación que se desvanecen en poucos días sen deixar cicatrices visibles.
Caída das pálpebras / Ptosis
As pálpebras poden ir perdendo a súa forza cos anos e aparentar que os ollos se van “pechando” e o paciente sente dificultade para abrilos.
Isto prodúcese porque o músculo que eleva e mantén a pálpebra superior aberta vaise separando do “esqueleto” da pálpebra provocando que este caia e se faga máis difícil a súa apertura. A caída, mesmo pode chegar a nivel da pupila e producir dificultade na visión ou facer que o paciente teña que elevar o queixo para ver causando, ademáis problemas coas cervicais. A ptosis ou caída das pálpebras tamén pode ser de orixe conxénita e darse en nenos ou xente nova, cando o músculo non se desenvolveu correctamente. De igual maneira hai enfermidades como a miastenia, enfermidades das mitocondrias , aneurismas, tumores e outras que poden causar este problema.
O Dr. Coloma é especialista en cirurxía oculoplástica, podendo non só dar un adecuado diagnóstico do problema senón que tamén pode aplicar as distintas técnicas cirúrxicas para a súa solución como a cirurxía vía anterior, posterior ou a fixación frontal. A cirurxía da pálpebra caída moitas veces realízase xunto coa blefaroplastia para dar un mellor resultado anatómico e funcional do problema.
Botox
A toxina botulínica é amplamente utilizada nas enfermidades palpebrais. A máis coñecida é o blefaroespasmo, enfermidade que produce o peche involuntario das pálpebras por contraccións repetidas do músculo orbicular.
Existen outras patoloxías como as retraccións da pálpebra, lagrimexo ou estrabismo nas que a toxina botulínica tamén pode ser aplicada.
A ampla experiencia do Dr. Coloma coa aplicación de toxina botulínica en enfermidades das pálpebras permítelle, tamén, aplicala de xeito funcional noutro tipo de defectos como cicatrices, liñas de expresión que causen algunha alteración importante ou asimetrías faciais.
Enfermidades das pálpebras
Existen moitas outras patoloxías das pálpebras como a eversión das mesmas ou ectropión que adoita causar moito lagrimexo, coloración moi avermellada das pálpebras, molestias tipo corpo estraño ou mesmo dor. Tamén a súa inversión ou entropión, onde as pestanas “se meten ” dentro do ollo causando dano sobre a córnea con moitas molestias para o paciente e incluso formación de úlceras.
Outras enfermidades como as parálises faciais requiren dun manexo completo das pálpebras superiores, inferiores e cellas, cuxo abordaxe é realizado de xeito integral por un especialista en cirurxía oculoplástica como o Dr. Coloma.
Elevación de cellas / Bolsas inferiores
Moitas veces a posición das cellas, ben sexa causada pola idade ou por parálises faciais, pode producir non só alteracións na simetría da cara senón tamén dificultades na visión e funcionamento do ollo. As cellas poden ser elevadas de xeito directo ou a través de incisións na liña do pelo co que non quedan cicatrices visibles.
Outras enfermidades como a enfermidade da tiroide ou outras patoloxías sistémicas poden causar prolapso da graxa orbitaria causando bolsas debaixo dos ollos, nas pálpebras inferiores. Estas alteracións poden ser corrixidas con cirurxía por un especialista en oculoplastia como o Dr. Coloma.
Tumores das pálpebras
As pálpebras son un lugar habitual para a aparición de tumores de pel como os carcinomas basocelulares, os epidermoides e os melanomas. Estas enfermidades deben abordarse de xeito multidisciplinario onde o servizo de Anatomía Patolóxica debe colaborar estreitamente co cirurxián oculoplástico para a resección e eliminación completa da lesión. Igualmente, despois de eliminado o tumor na súa totalidade, debe procederse a realizar unha reconstrución completa das pálpebras para dar o mellor resultado funcional e de aparencia posible.
Por esta razón, un cirurxián experto en cirurxía plástica ocular e reconstrutiva como o Dr. Coloma debe ser o indicado para o diagnóstico e tratamento deste tipo de enfermidades nas pálpebras.