Para
manter a seguridade e a calidade na atención aos nosos pacientes,
adoptáronse medidas especiais durante esta etapa de volta á
normalidade. Traballamos para a súa seguridade e a nosa, tomando
todas as medidas necesarias tanto en quirófano como en consulta.
AXUSTES NA ATENCIÓN AO PACIENTE PARA GARANTIR A SEGURIDADE DE TODOS
- Axuste de horarios de citas con máis intervalo entre pacientes para evitar atrasos e acumulo de persoas nas salas de espera.
- Comprobar a hora exacta da súa cita e acudir con puntualidade, evitando contactos innecesarios con outros pacientes.
- Se en días recentes tivo tose seca, febre ou dificultade respiratoria. Por favor contactar connosco para cancelar a súa cita.
- De ser posible, suxírese non vir con acompañante ou en caso de non ser posible, acudir cun só acompañante.
- Acudir á súa cita con máscara. De non ser posible entregaráselle unha en recepción.
- Rógase manter a distancia de seguridade nas salas de espera.
- Existen á súa disposición xel hidroalcohólico para o lavado de mans tanto ao chegar como antes de entrar á consulta.
Se
ten algunha dúbida, non dubide en contactarnos. Igualmente, para
máis información pode contactar con HM. A esperanza; Clínica
Baviera; Clínica Dr. Soler. Innova Ocular.
NON SÓ CURAMOS OLLOS. TRATAMOS PERSOAS